14.8.16

IV XORNADAS DE VOLUNTARIADO NO MOSTEIRO DE SAMOS

29 E 30 DE AGOSTO DE 2016


Por cuarto ano consecutivo organizamos unhas xornadas de traballo voluntario no mosteiro de Samos. Vai destinada aos exalumnos benedictinos de Samos e a persoas achegadas a estes que queiran ofrecer a súa colaboración á Comunidade samonense.
Nesta ocasión traballaremos dando a segunda man de pintura ao dormitorio dos colexiais e outros arranxos nas instalacións do antigo colexio, traballos de xardineiría, catalogación e dixitalización do arquivo fotográfico, elaboración dun blog para a comunidade de monxes...
Coma sempre, os monxes ofrécennos hospedaxe no mosteiro.
O número máximo de participantes: 10 (os que primeiro se anoten).
Pódese participar un único día ou os dous.
ANÓTATE AQUÍ

En la imagen vemos a los colegiales del curso 1966-67, en septiembre de 1967, cuando acudieron para realizar la vendimia en el monasterio de San Clodio. En aquella ocasión también trabajaron haciendo tareas de desescombro de algunas dependencias del vetusto monasterio. Entonces resultaba difícil imaginar que algún día estaría tan bien acondicionado como lo vemos en la actualidad y que su uso dejase de ser el monástico para convetirse en un hotel-monumento.
De la imagen también se puede comentar la pose lograda de Ricardo Diéguez y que el que más bajaba el hombro era Julio César López. Álvaro era el que cargaba troncos más gruesos, Cándido, Castro, Florencio, Héctor, Casiano eran  otros colegiales que participaban en las tareas.
NOTA: La entrada tiene dos mitades, la primera en gallego y la segunda en castellano. Bilingüismo perfecto.

24.7.16

UNHA GRATA XORNADA: XANTAR EN SAN AMARO, REECONTRO CON MODESTO FERNÁNDEZ E CON XOSÉ MANUEL VARELA OTERO

Esta non é a historia dun xantar. Quizais, se o fose, habería pouco que salientar. O xantar é a periferia dun reencontro, é a urxencia biolóxica que nos congrega arredor dunha mesa para procurar o sustento e tamén o momento propicio para lle procurar o reconforto ao espírito. O reconforto de volver a atopar o pasado, persoas de antano que permaneceron aí madurando para decatarnos do afecto que nos suscitan.
San Amaro foi unha elección ao chou, pero quedará aí para a lembranza (tamén o restaurante era LEMBRANZA), como o lugar onde dispensamos apertas que levaban 48 anos esperando.
Modesto Fernández Vázquez e Xosé Manuel Varela Otero eran dous fillos de Samos que estabamos a esperar, porque aínda non puideramos reencontralos nas nosas Xuntanzas nin nos camiños da vida. Os demais tamén. Sempre é alegría volvernos ver, con Samos e o seu mosteiro como elementos que nos xunguen.
Grazas especiais para os que viñestes de tan lonxe para gozar deste momento: Eleuterio, Fidel, Regal, P. Perfecto, Pepe Barros, Arturo...
Ás 14:30 horas acordadas, alí estaba Modesto (P. Modesto), sentado na mesa da cafetería, á beira da súa dona, cun aperitivo e agardando por ese momento emotivo para el. Cantas apertas e canto sentimento. Xosé Manuel chegou máis tarde e foi recibido coa mesma calor. Só pasaran 48 anos no primeiro caso e 46 no segundo. Os demais hai menos tempo que non nos viamos.
Modesto falou e dixo moito. Pero tamén nos gustaría saber que sentimentos tería esa noite e terá aínda. Despois dunha dilatada biografía en Porto Rico, volver a encontrarse cos compañeiros e pupilos de Samos é unha perspectiva que ofrece algunha vertixe. Conformariámonos con saber que experimentou algo semellante á felicidade.
A Xosé Manuel Varela imos ter máis fácil preguntarllo.

 O P. Bautista, simpático coma sempre, cos seus acertixos e curiosidades. E plenamente feliz por ter celebrado en Nova Iork o seu 60 aniversario da primeira misa. 83 anos de vida plena e feliz e de vacacións na Terriña, conducindo un Cinquecento, pletórico de facultades polas estradiñas de Leiro. Con algunha perda no itinerario totalmente xustificada.
 Luis, Julio César, Celso, Manuel Coedo, Aurelio, Ramiro, Francisco, José Vidal, Ricardo, Manuel Busto...




13.7.16

COMIDA DE CONFRATERNIDAD CON EL P. BAUTISTA Y CON D. MODESTO FERNÁNDEZ (P. MODESTO)

VIERNES 22 DE JULIO DE 2016
14:30 HORAS


Restaurante Lembranza Orixe (San Amaro -Ourense)

 MENÚ ELEGIDO PARA LA OCASIÓN:
Todos debemos elegir un segundo plato de entre las 6 opciones que nos ofrecen. 
Es necesario anotarse antes de las 24:00 horas del martes 19

25.5.16

VIII XUNTANZA EN SAMOS

O pasado 21 de maio acudiamos ao Mosteiro de Samos vinte e cinco compañeiros e dous achegados. Varias ausencias involuntarias por diversas razóns. Eis un resumo apresurado da VIII Xuntanza de exalumnos do Colexio Benedictino de Samos. 
As sensacións repítense como en anteriores edicións: a alegría do reencontro, a satisfacción de volver pisar estes seculares claustros da nenez, a evidencia do paso dos anos...
O agradecemento é para todos os que acudimos á reunión. Pero é de xustiza destacar a aqueles que viñeron desde puntos moi distantes: Ibiza, Valencia, San Sebastián, Madrid, León, Xixón, Avilés, Vigo, A Coruña, Valdeorras, etc.
Volver a Samos logo de tantos anos ha de entenderse desde o afecto aos compañeiros e aos monxes e á devoción e recordos que en nós aínda suscita o Mosteiro.
Recordamos aquí a aqueles compañeiros que quixeron estar e que por diferentes causas non puideron asistir: Ricardo Martínez (un dos organizadores), hospitalizado; José Barros, de viaxe en México. Grazas aos dous por agasallarnos co exquisito viño Pagos del Galir, que acompañou o menú do restaurante A Veiga. Cándido Nóvoa, que tivo unha cerimonia familiar; Fidel Torreiro por idéntico motivo; Ricardo Diéguez porque ese día acudía a súa filla desde Madrid ao domicilio familiar de Ponferrada; José David Fidalgo, por unha actividade concertada con antelación na Casa de Galicia en Bilbao; Manuel Regal, que desde hai meses tiña comprometida esa data nunhas conferencias; Ramiro Varela, que tivo que atender a cargos da Consellería de visita en Agolada na súa condición de alcalde; Javier Busto, por causas de saúde, Aurelio Bolaño, aínda en período postoperatorio; Antonio Paz Casas, que por motivos laborais tivo que desprazarse a Lanzarote en vísperas da Xuntanza, etc. Para todos eles e outros que non puideron  estar connosco, o noso afecto e lembranza. 

Nesta ocasión quixemos ter o encontro na Sala de Estudo do Colexio, mais ou menos recuperada coa fisionomía de antano, porque intuïamos que quizais este espazo teña un significado máis acentuado para calquera de nós.
Houbo alocucións do P. Agustín e do P. Prior, José Luis Vélez, por parte da Comunidade e de Manuel Busto por parte dos exalumnos.
O P. Prior expuxo a situación da Comunidade, dos  proxectos de futuro (restauracións de retablos, fábrica de Viladetrés, etc.), da visita dos alumnos e monxes de Mayagüez (Porto Rico)...
Manuel Busto saudou á Comunidade e aos exalumnos, expuxo a idea de recuperar o Colexio e conseguir musealizalo; presentou aos asistentes as Xornadas de Voluntariado, que xa van na cuarta edición e que se celebran a finais de agosto. Invitou a todos os participantes a que participasen. E no coloquio final decidiuse que nas vindeiras Xuntanzas quen así o queira acuda coa súa muller ou con outras persoas achegadas.
Tamén se falou da posibilidade de organizar este verán un xantar cos P. Bautista e o P. Modesto, que se comunicará para que poidan asistir todos os exalumnos interesados.
 Colocación da pancarta conmemorativa da VIII Xuntanza na Sala de Estudo.
 Asistencia á misa. Gerardo Vega ao órgano. O retablo maior, en proceso de restauración.

 Visita e oración na cripta.

 O P. Prior e o P. Domingo desenvolven un agasallo fotográfico que os exalumnos entregan ao Mosteiro.



 Visita no Museo a unha exposición sobre a historia do monacato.

 Olería de Samos (Lourido, Vilaceite...)
 Refección no restaurante A Veiga (todo un clásico).

 Visita á fabrica de Viladetrés.
A inactividade e a exuberante vexetación van apoderándose da granxa de Viladetrés.

7.4.16

VIII XUNTANZA EXALUMNOS DE SAMOS

21 - MAYO -2016
o bien llamando a los teléfonos 986 48 74 75 (Celso)  986 78 36 14 (M. Busto) o a los correos electrónicos:  cpenedoreclamos@gmail.com   -   mabusto@gmail.com
 La comisión organizadora formada por Celso Penedo, Ricardo Martínez y Manuel Busto convoca, previa consulta con el P. Prior, José Luis Vélez; a los exalumnos del Monasterio de Samos a su VIII Xuntanza el próximo 21 de mayo de 2016, sábado.
El programa de actos tendrá un desarrollo muy similar al de las anteriores convocatorias:
Como en anteriores ediciones de estas Xuntanzas, la gentileza del compañero José Barros García y su primo y socio Ricardo Martínez Barros nos agasajarán con la excelencia del vino PAGOS DEL GALIR para acompañar la comida en el restaurante. Desde aquí les expresamos nuestro agradecimiento por tanta ilusión y generosidad. Y les deseamos amplio éxito comercial.

2.3.16

QUESO, LICOR Y DULCES CON SELLO MONACAL

El monasterio de Samos lidera una empresa de productos artesanos de calidad.
Un grupo de empresarios, entre los que está el monasterio de Samos, iniciaron en el lugar de Viladetrés, propiedad de la abadía, una iniciativa centrada en elaborar productos alimenticios de calidad siempre siguiendo procesos artesanales.
Los productos que pretenden que en pocas semanas estén en el mercado a disposición de los consumidores son: Queso de O Cebreiro y artesano propio de la zona, licores de distintos tipos y dulces de distintos tipos.
La nueva empresa se denomina Gran Despensa de la Real Abadía de Samos y se convertirá en la quinta quesería bajo la denominación de origen Cebreiro. La producción inicial de quesos la cifran entre las 300 y las 500 piezas diarias entre artesanales y de O Cebreiro. «Lo que más nos importa y preocupa es ofrecer productos de la máxima calidad, y para ello emplearemos siempre la mejor materia prima que encontremos en el mercado», explicó el prior de Samos, José Luis Vélez.
Uno de los productos en los que tienen depositadas mayores esperanzas es el la tarta de Santiago, elaborada esencialmente con almendra. «Hay muchas formas de elaborar este dulce. En nuestro caso, apostamos de manera decidida por hacerla con una elevada cantidad de almendra, que da como resultado un excelente producto. Lo mismo hacemos con los dulces, que tienen, además de almendra, una base de mantequilla de gran calidad», expresó José Luis Vélez.
La sede en la que se encuentra la fábrica es la misma en la que estaba la licorería en la que los monjes elaboraron el licor Pax desde 1960 hasta 1996. La nave de grandes dimensiones fue habilitada para acoger las salas destinadas a elaborar queso, licores y dulces.
Los impulsores de esta iniciativa comenzaron los trámites hace casi cuatro años y esperan iniciar la producción en unas semanas tras disponer de todos los permisos necesarios en regla y contar con todos los medios técnicos y humanos.
Quinta quesería de O Cebreiro
La pretensión de los empresarios es la de presentar los primeros quesos bajo la denominación de origen O Cebreiro en la Feira do Queixo do Cebreiro que se celebrará el próximo día 25 en Pedrafita. Las primeras pruebas resultaron muy positivas y si no aparece ninguna complicación inesperada es muy posible que puedan estrenarse de manera oficial en esa cita.
La puesta en marcha de esta empresa supone reactivar unas instalaciones propiedad del monasterio en las que tradicionalmente cuidaron ganado vacuno y porcino y que en los últimos años estaban sin utilizar.
Los propios impulsores de la iniciativa serán los encargados de trabajar en la elaboración de los productos, y parten con la ventaja de elaborar especialidades que ya son conocidas, y también muy apreciadas, en el mercado nacional e internacional.
La Voz de Galicia, 02 de marzo de 2016

19.2.16

CAMPO DE FÚTBOL DE VILADETRÉS


El 21 de mayo será una buena fecha para recordar aquellos memorables partidos de fútbol en el rudimentario campo de fútbol ubicado en la entrada de la finca de Viladetrés. Fue, ni más ni menos, el primer campo de fútbol del municipio samonense. Hecho a mano, a base de pico y azadones, carretillas rudimentarias y el trabajo y la ilusión de los colegiales que a principios de los años 60 estudiaban en el Colegio Claustral del monasterio de Samos.

Todos recordaremos además el ímprobo esfuerzo que suponía ir a buscar el balón cuando éste se iba por la banda de Coíñas, monte abajo. Por eso cotizaba tan poco el trabajo de recogebalones. Pero mejor recordaremos los agradables momentos pasados en este lugar, donde también construimos cabañas para disfrutar de los frecuentes momentos de asueto en este lugar.


Alineación: Pepín, Mourín, Emilio, Paradela, Jesús Pintos, Vicente, Alfredo (de pie)
Alejandre, Ricardo Diéguez, Manuel Sanmartín, Julio César (agachados) Pepiño (socorrista)
Aportamos también imágenes del disputado partido entre los novicios y los colegiales del curso 1966-67. Siempre sorprende la vestimenta que habían de llevar los novicios y juniores durante el partido.
Alineación: Pedro Miguélez, Bernardo Regal, Feliciano Vega, Manuel Álvarez, Hildebrando Hermida, Tomás Hermida, Modesto Fernández, Pedro de la Portilla, Agustín, Germán.

4.2.16

VIII XUNTANZA DE EXALUMNOS DE SAMOS

Paulatinamente iremos informando en esta misma entrada del programa de actos y horarios de la Jornada, que en su mayor parte tendrá un formato similar a las anteriores.

10.1.16

CARTAS DESDE A MIÑA CELA (III). Ramón Cabanillas

REAL ABADÍA
DE SAMOS (LUGO)

26 -6- 51
Querido Isidoro: 


(…)
Mi estancia en el monasterio, maravillosa. Leo poco, escribo cartas y paseo. El Abad, al parecer, interesadísimo en una edición del poema de Samos, que quiere hacer en 8º, con grabados y en papel bueno y bien empastado: creo que ha obtenido apoyos y subvenciones para el objeto y no me sorprenderá que no le cueste ni un perrochico. Al fin se salió con la suya y le hice esa especie de soneto –soneto solamente en cuanto al número de líneas– porque soneto y soneto es lo que él quiere: te lo envío, porque me gusta muy poco, y por si se te ocurre otra cosa más aceptable: él todavía no lo vio porque estos días está fuera, supongo que atareado por la proximidad de las fiestas, a las que, como verás por el programa, quiere dar toda magnificencia.
Tuvimos unos días buenos pero muy fríos que me permitieron salir poco, pero el campo está delicioso porque las laderas de los montes, todas cubiertas de retamas en flor, parecen vestidas con un manto de oro. 
Como un ramalliño de rosas sangales 
pañadas nos folios dos vellos anales, 
nos místicos hortos, nas edras craustrales, 
nos ritos antergos, nos sagros corales, 
surdeu esta estoria, trazada e tecida 
en prácidas horas á veira da ermida, 
do edoso alcipreste, da fonte durmida, 
compás da enlevada monástica vida. 
Trasposto de ensoños, o homilde troveiro 
rendido á beleza, felís prisioneiro 
das pedras lendarias do santo mosteiro, 
lla ofrenda con fonda divina saudade 
ós monxes de esgrevia virtude e bondade 
e o nobre mitrado de Samos abade.
(Este verso último supón unha primeira versión que sería substituída, na definitiva, por “tronco, honor e luz da Cristiandade”. Sabidas as sucesivas reticencias de Galaxia a un libro, dedicado expresis verbis ao abade samonense polo seu franquismo e por outras razóns menos políticas. Por último, Cabanillas retirou a dedicatoria).
Si ves por ahí a Agustín Portela (Agustín Portela Paz ,Pontevedra, 1906 – 1992, é un importante pintor e debuxante pontevedrés. É autor dos debuxos que ilustran a primeira edición de Samos)  dile que no olvide contestar mi carta, cuando pueda señalar fecha aproximada para su visita. Escríbeme tú también, sin olvidar hablarme de los exámenes y de la boda. 
Te abraza tu amigo
 Ramón                                              

REAL ABADÍA
DE SAMOS (LUGO)
 [cabeceira] 

12 -7 -51
Sr. D. Isidoro Millán G. Pardo Pontevedra Querido Isidoro Tu carta me restituyó al mundo, porque de Cambados y nuestros empeños literarios nada sabía. Te contesto a Pontevedra, suponiéndote en frecuente comunicación con tu casa. En paquete certificado sale hoy el libro del P. Plácido (HISTORIA DEL MONASTERIO DE SAMOS): con él va un opúsculo de M. Lucas Álvarez sobre normas de trascripción de documentos gallegos –que me parece interesante y acertado– por si no lo conocías. Me encantó lo de Piel y Tilander: creo que debes sostener la correspondencia con ellos, ya que eres el único que puedes establecer el contacto de nuestra región; en esa materia decisiva para afirmar nuestra personalidad lingüística –con el extranjero–. En esta carta incluyo una nota curiosa: un “guindaste”77, sin duda relacionado con “guindastro” que empleé en la “Antífona”.
(…)
No me extiendo porque en Santiago hablaremos de todas estas y otras cosas. Después de ocho días de alboroto, volvió al monasterio la paz, el silencio y la soledad: y no tomé la más mínima parte en las fiestas porque me revientan las dignidades, las jerarquías y, como dicen en Cuba, los connotados. Estoy encantado con mis zanahorias, mis cebollas, mis lechugas y mis remolachas. 
Toca la campana. (Cabanillas asistía ao rezo de todas as horas canónicas, agás a de prima) Adiós. 
Te abraza con todo cariño 
Ramón

Última carta desde Samos de Ramón Cabamillas  7 -9 -51
Incendio do mosteiro 24 setembro 1951

10- 10- 51 
Cambados 

Sr. Don Isidoro Millán González-Pardo. 
Madrid 

Querido Isidoro: 
Onte, ó chegar de Pontevedra, atopéi a tua carta do 7 e atropelladamente, por non perder correio, púxenche unhas liñas sóbor do meu aloxamento n-esa. Dimpóis de pensalo ben, vou a ver si son un pouco máis concreto e craro. Quero unha habitación pol-o xeito da que tiña Arias, canto máis preto do centro, mellor, xa que na tua casa non é posibre. Con todo, si ha non atopas, búscame unha pensión provisional, de calquera precio, porque, xa ahí, adicaréime a conquerir cousa do meu gusto. Tan axiña como dés con ela, esquírbeme, e de seguida telegrafiareiche o día da miña saída para esa para poder ir direutamente a ela dende a estación, pois non quero andar por ehí como un aboiado nin quero ter que ir ó Veracruz, anque seia provisionalmente. Coido que esto é o mais facedeiro. Non quixera que a cousa se alongara máis alá do 25 de este mes e coido tamén que non te moerá moito atopar a fonda provisional; unha cousa máis ou menos como a que ti tés, en canto a moralidade e silenzo, pois as fondas de moito rubumbio e saída e entrada de xente a todas horas, moléstame moito. Do de Samos (Fai referencia ao incendio que se produciu no mosteiro de Samos. Incendio que aconteceu no verán de 1951. O importante é que os papeis de Cabanillas nin os debuxos de Portela, feitos como ilustracións do poemario *O meu mosteiro, que acabaría por cambiar o título a Samos (1958), non sufriron perda ou deterioro algún.)non sei que che decir: telegrafiéille e esquirbínlle ó Abade e inda non tiven contesta, cousa que non me sorprende porque debe de estar outamente preocupado e atafegado: o máis certo será que o non veréi até que nos encontremos en esa, a donde é seguro que non tardará en ir. Todo o mundo
confía en que o mosteiro sexa reconstruído, mais elo ten de ser cousas de moito tempo, ó meu parecer. Das cousas d-eiquí falaremos longo n-esa, porque n-unha carta non acertaría a darche ideia xusta. Os meus papeles non sufriron ren, nin os dibuxos de Portela que me parecen moi bos. Como xa che dixen, os apuntes, libros e recortes de Xoquín están no despacho de Ruco: hai algunhas cousas intresantes para a estoria de Cambados, do medeado do século pasado para acá, entre eles exemprares de xornaes e revistas de que eu non oira falar nunca: rompín moitos documentos e cartas que non me parecéu ben conservar: a coleución de cartas políticas é intresante e tena José González. Estiven con Iglesia Alvariño que me leiéu un traballo moi bo c-unha longa lista de verbas fermosísimas: este noso gallego é inesgotabre. Si tés intrés por algunhs papés ou libros determinados, dimo e percuraréi mandarchos por teu irmán que coido sairá un d-estes días. Todos estamos ben e o tempo está moi bó. 
Unha forte aperta 
Ramón

31.12.15

III XORNADAS VOLUNTARIADO NO MOSTEIRO DE SAMOS

VÍDEO
 Por diferentes motivos esta crónica retrasouse máis do desexable, se ben é certo que xa contaramos neste blog coas entrañables confidencias e  reflexións de Manuel Regal Ledo nas horas inmediatas á finalización das III Xornadas de Voluntariado.
Os días 27 e 28 de agosto alí nos reunimos sete exsamonenses e tres amigos que nos honran a nós, ao mosteiro de Samos e á comunidade benedictina coa súa entrega e afecto. Antonio Graña, Elías Puga, Julio López Regueiro, Manuel Regal, Ricardo Martínez, Celso Penedo, José David Fidalgo, Manuel Coedo, Manuel Ángel Castro e Manuel Busto. Unha forza de dez cumpridamente uniformada por Celso Penedo, un dez en convivencia, un dez en traballo (duro e esixente), un dez en boa camaradería, un dez en entrega e desprendemento; en resumo, Matrícula de Honra en Amizade e Satisfacción polo traballo ben feito.
Dúas tarfeas ocuparon o noso quefacer, que tivo que prolongarse coa xornada do día 29. Nesta ocasión a comunidade pediunos adecentar as paredes e teitos do dormitorio do Colexio Claustral e o coidado do xardín do Claustro de Feijoo. O dormitorio presentaba moitas fendas nos paramentos e para iso houbo que abrir a base de espátula as múltiples gretas e logo a tarefa ardua de enxesar e emplastecer. Outros dedicáronse encintar marcos e rodapés e a dar uha imprimación de fixador na vella pintura. Na segunda xornada conseguimos completar a tarefa de enxesado e comezar coa primeira capa de pintura. Ata a mañá da terceira xornada non se completou a primeira man de pintado. Logo viría  a tarefa de limpeza e recollida de materiais. A segunda man de pintura quedará para o seguinte ano. Un dormitorio de case 300 metros cadrados e teitos moi altos, unha tarefa que nos desbordou. O xardín é sempre a ocupación que acomete con moita paixón e sapiencia Ricardo Martínez. Cortado de céspede, recortado de setos, limpeza de alcorques, limpeza dos camiños...
Aí quedan tres días  nos que de novo saboreamos a convivencia e o reencontro en Samos, tres días para afondar na amizade e o mutuo coñecemento, tres días para lembrar con cariño.
Grazas a todos pola vosa entrega, polo voso esforzo, pola vosa amizade. E Grazas aos monxes de Samos polo agarimo con que sempre nos reciben e acollen.
Creo que a algúns aínda lles quedan folgos para repetir a experiencia.

24.12.15

ANSIAS DO NADAL

(Sobre o Cantar dos Cantares, 2,8-14)
Ai, se soubese verte
coma o amado que vés correndo,
choutando coma un toliño
por min!

Ai, se puidese adiviñarte
albiscando as miñas fiestras,
asomando o teu rostro entre os meus enreixados,
cheo de amor por min!

Ai, se puidese escoitar a túa voz namorada
dicíndome ao corazón:
“érguete, amada miña,
fermosa miña
e ven.”

Ai, se puidese imaxinar sequera,
na miña vida,
no meu mundo,
contigo,
as flores nas campías,
os tempos de ruadas,
os gromos do figueiral,
as vides recendentes, 
coa túa xente pobre,
contigo!

Ai, se tivese por ti tanto ardor
como ti tes por min!
Ai, se gustase tanto da túa figura
como ti gustas da miña
--pobriño de min!--,
se ansiase tanto oír o teu falar
como ti ansías oír o meu!

Daquela si,
daquela sería o Nadal.


(sobre o Cantar dos Cantares 2, 8-14 e Lc 1, 39-45)

Ven,
dáme a man
-disme-,
queres que sexa o Nadal?
Ven comigo.

Ven,
corre, brinca,
á présa, apura,
coma o amado do Cantar por montes e outeiros,
como a mamá María por terras palestinas,
deixa o que fas,
axiña, 
non te embobes,
vamos.

Hai moito a quen visitar,
moita xente ignorada

a quen ver polas fiestras sequera
ou axexar entre as reixas,
para falarlles con voz de amadas,
e invitalas a entrar en rodas solidarias
e anunciarlles primaveras e ledicias,
gromos e recendos de vida
que curiosamente xa levan no seu seo.

Hai moitas Sabelas preñadas
na vellez,
cando ninguén nada esperaba xa,
moitas pobriñas de Deus
con vida no seu ventre
á espera de que chegue alguén
tocada, movida polo Espírito
para anunciar e celebrar fidelidades.
Vén,
axiña,
dáme a man,
déixate levar polo Espírito,
abre os ollos, os corazóns, a boca,…
berra,
proclama bendicións e agradecementos
asegura felicidades,
non te reprimas,
que Deus é xeneroso, abundante, espléndido.

Non o ves?
O mundo todo está tocado polo Espírito de Deus.

Saúdos, risas, apertas, bendicións, ledicias, cantos,
por nenos brincando nos ventres estériles!

Ven,
que sexa o Nadal,

que sexa o Nadal como queres.



                                    MANUEL  REGAL LEDO

31.8.15

III XORNADAS DE VOLUNTARIADO. ANO 2015. CRÓNICA DE MANUEL REGAL LEDO

Desde Samos, para recordo

Ola, compañeiros. Empezo a escribir isto, cando supoño que xa teredes rematado o traballo pendente e que estaredes preparando para o xantar monástico. Ao final, ben puider quedar acompañándovos ata o final, porque o señor que nos viña facer un traballo na casa, ao que eu debía
acompañar este sábado, decidiu pospoñelo para o sábado seguinte.
Ben, quero compartir convosco algunhas cousas da breve e intensa convivencia destes días en Samos. Primeiro algunhas máis persoais e logo outras máis xerais. Sabedes todos que eu estiven en Samos desde o ano 1960 ata o 1979, aínda que os tres últimos anos paseinos xa bastante desvencellado da comunidade, porque estiven estudando en Deusto. Hai, logo, 55 anos que aquí en Samos empezaba unha etapa determinante da miña vida, que me configurou moito no meu modo de ser. O 18 de outubro do 1960 o meu primo Roxelio viñérame traer aquí. E, sen case querelo, fíxome herdeiro dunha longa tradición monástica, coas súas rémoras históricas e espirituais, pero tamén co seu don tan excepcional. Por circunstancias históricas (anos 60, Concilio Vaticano II e posconcilio) non soubemos, non souben eu polo menos, sacarlle proveito á situación que se vivía na sociedade e na Igrexa. Houbera sido posible outra forma de conectar coas raíces monásticas, de actualizalas e vivilas, de ofrecelas como cousa fermosa, apetecible para os homes e mulleres de hoxe.
Para min, con todo, Samos foi un gran don. O don da posibilidade de acceder ao mundo do estudo, da cultura; o don da fe, da experiencia relixiosa cristiá, aínda que a vivise tan deficitariamente; o don da comunidade cristiá, aínda que me revolvese dentro dela ás veces, soñando se cadra imposibles ás veces, e ás veces movéndome con xeitos moi infantís, improcedentes; o don da interioridade, de ser persoa espiritual, aínda que tantas veces fose e sexa ás apalpadelas, dando paus de cego no meu camiño; o don, moitas veces tan pouco valorado por cotián, de vivir e medrar nun contexto artístico, xeográfico, paisaxístico impresionante, que á forza nos fai xente dunha determinada maneira de ser, chea por dentro de preciosos ecos transcendentes; o don de moita xente que andaron no mesmo empeño en comunidade, aínda que as ideas e os camiños fosen logo distintos; o don de moitos compañeiros bos –vós sodes deles, por suposto, aínda que non sexamos todos do mesmo curso--, aos que non sempre apreciei e atendín como debera, pola miña particular e equivocada maneira de vivir a espiritualidade, as relacións humanas, que me levaba a situarme algo na distancia e mesmo por riba dos demais (Mil perdóns vos pido); o don en fin de Deus mesmo, que desde pequeno me quixo e me guiou e me acompañou para que a miña vida fose feliz, con éxito, dentro de cómo Deus a lo menos entende os éxitos.
Grazas, logo, por Samos. Polo que foi para min, e polo que foi para todos vós. Pola que hoxe é para a xente que o habita, como mosteiro e como pobo; polos soños que aquí nacen ou se fortalecen.
Perdoádeme estas confidencias persoais. Paso agora a dicirvos que me atopei moi a gusto con todos vós neses dous días pasados xuntos. Foron días de traballo duro, e ben que o sentiron os nosos corpos e os nosos ánimos. Pero aquí estamos orgullosos de nos ter atopado, de rememorar momentos e lugares significativos da nosa vida cando novos,  e de ter colaborado algo a que Samos –oxalá!—siga tendo vida, siga ofertando o moito que pode ofertar. É imposible que tanta amabilidade, tanta atención, tanto servizo, tanta humanidade por parte dos monxes quede estéril e non vaia prendendo no ánimo de xente nova que escoite a chamada monástica. Qué agradecidos lles quedamos aos monxes!

Dándolle voltas a todo isto na cabeza e no corazón, veume á memoria aquel libro titulado “Los tres monjes rebeldes”, que narraba a aventura de tres homes que deciden á acudir ao Císter, alá polo século XIII, me parece, e darlle vida á renovación monástica que se estaba iniciando. E pensei: e, se por arte de non sei qué, nós, os 10 que estivemos en Samos estes días, nos convertésemos nos “10 monxes rebeldes” decididos a contribuír a que Samos tivese máis vida?  E ocorríaseme facer xa unha distribución de cargos. Pois, mira ti, qué bo abade daba Manolo Busto: próximo, con creatividade, humanísimo, que sabe alentar, que vai sempre por diante, que é capaz de crear grupo e de facer que nos sintamos a gusto en grupo. Relede o capítulo 2 da Régoa de San Bieito e veredes que estou no certo. Abade xa temos. Celso Penedo tiña que ser por forza o padre mordomo (maiordomo), pendente das comidas, das roupas, de todos os utensilios e realidades materiais imprescindibles para que a vida funcione; o capítulo 31 da santa Régoa fala deste papel que lle atribuiríamos ao noso Celso. Manolo Coedo é o padre hospedeiro ideal. Quedei abraiado pola súa serenidade, pola súa paz, polo seu falar sereno pacificado; qué preciosidade de home. Unha persoa así é a que San Bieito poría en relación diaria coa xente de fóra que se achega ao mosteiro, relede senón o  capítulo 53 da Régoa que fala destas cousas. O home delicado da acollida, do servizo da caridade, o home das esmolas (que tan grande papel xogaron na tradición monástica durante séculos). Manuel Anxo Castro sería o encargado das iniciativas empresariais da comunidade; un mosteiro debe desenvolver actividades que garantan o seu propio sostemento, a ocupación  dos monxes, en contacto e servizo co medio social que rodee ao mosteiro. A Xosé David Fidalgo cústame colocalo; quizabes faría ben de encargado de cerimonias e liturxias, de druída da tribo, aínda que é un oficio que, pola súa particular idiosincrasia, se podería interpretar mal no ambiente monástico; pero si que podería ser o que se encargase de abrir a comunidade ao festivo, á celebración, porque un grupo de monxes non ten por qué ser un grupo de aburridos. Xulio López e Ricardo Martínez, Lito, serían os encargados de traballar pola xustiza nas relacións interiores da comunidade e nas relacións cara a fóra, de apoio a situacións do entorno nas que haxa abusos de calquera tipo. A caridade de Manolo Coedo deberíase completar necesariamente coa defensa da xustiza de Xulio e Lito, porque a mellor defensa da caridade é a xustiza. Xulio quizabes para as miudezas de cada día (salarios, xubilacións, despedimentos, seguros…), e Lito para as cousas de máis transcendencia coas que hai que chegar, se cadra, á mesmísima secretaria da Audiencia Xeral. Antonio Graña sería sobre todo o cronista da comunidade, dadas as súas habilidades no mundo das letras. É importante saberse dicir cara á fora, saber construír relatos, historias, lendas, … contarse a si mesmo, contar a vida da comunidade, en diálogo con outras voces e correntes de humanización que se acheguen ás portas do mosteiro. Elías Puga sería o encargado da enfermería, o médico enfermeiro, a quen tamén lle dedica a Santa Régoa, no capítulo 36, palabras moi comedidas e esixentes a un tempo. Un oficio moi necesario, visto o tocados que andamos case todos: Manolo Coedo cunha operación dun tumor, aínda que non maligno, na columna; Manuel Anxo con dor de vértebras que o outro día xa non aguantaba máis, Manolo Busto queixándose dun xeonllo, eu operado de cancro hai dous anos, … e os demais sabe Deus cómo, que somos moi sufridos e calados. A máis diso, coa imprescindible colaboración de Antonio Graña, sabio e experto en temas de farmacoloxía, estaría ben que reactivase a tradición farmacéutica do mosteiro, conectando coa menciña natural que tan bos resultados ofrece. E eu, Manolo Regal, non sei ónde tería un sitio. Gústanme as cousas do espírito, o mundo da oración e das celebracións relixiosas; gustaríame colaborar na iniciación de posibles candidatos á vida da comunidade. Gustaríame facer as cousas en galego, non por separarme de nada nin de ninguén, senón simplemente por sermos nós, en fidelidade á nosa matriz cultural, lingüística. Igual podería valer para encargado do noviciado, pero ese é un cargo moi delicado e teríao que pensar moito o abade Manolo Busto. Que el decida.
Está claro que quen lle ten que dar narrativa e corpo a este argumento vital é o noso cronista Antonio Graña. Xosé David Fidalgo insistirá, porque o fai sempre, en qué facemos coas mulleres. E ese si que é un problema, que pode botar por terra as pretensións dos “10 monxes rebeldes”. O abano de posibilidades é moi diverso: desde fundar unha república eclesiástica independente, na que convivan as familias baixo un mesmo teito monástico, ata, máis ordenadamente, retomar os mosteiros familiares tan abundantes en Galicia na alta idade media, ou limitarnos a que as mulleres e fillos nos visiten en certas datas do ano, ou a que simplemente veñamos con elas de cando en vez, como xa o estamos facendo, para reforzar os nosos soños, ou, máis simplemente aínda, limitarnos sen máis a visitar o mosteiro e os seus monxes, aportando algo de valoración e afecto e, se se terza, colaborando con algún traballo necesario. En fin, o preciosismo narrativo de Antonio Graña é o que deberá buscarlle unha saída oportuna a este argumento que, canto máis vai, máis se complica.
E máis nada. Foi un pracer convivir estes dous días. Para min foi un pequeno reto, do que volvín satisfeito, vencedor. Espero que poidamos repetilo. E, mentres, que sexamos felices desempeñando a tarefa na que pouco a pouco fomos comprometendo as nosas vidas. Unha aperta para todos. Aquí estamos na parroquia de Candia, concello de Abadín, ao pé da A-8, alí onde a autoestrada se encabuxa ás veces tanto que non quere que lle toquen nin que pasen por ela. Aquí tedes casa, comida e leito.

                                                                                                            Manuel Regal Ledo

6.8.15

XANTAR DE EXSAMONENSES EN RIBADAVIA

O venres día 14 de agosto de 2015 reunímonos nun xantar algúns exsamonenses para compartir mesa e vivencias no mosteiro de Samos. A reunión foi en Casal de Armén, na parroquia de San Andrés en Ribadavia (Ourense). Acompañaránnos o P. Perfecto Vázquez e o seu irmán Manuel, chegados desde Estados Unidos. Na sobremesa achegámonos ao restaurante La Carpintería de Leiro.