31.8.15

III XORNADAS DE VOLUNTARIADO. ANO 2015. CRÓNICA DE MANUEL REGAL LEDO

Desde Samos, para recordo

Ola, compañeiros. Empezo a escribir isto, cando supoño que xa teredes rematado o traballo pendente e que estaredes preparando para o xantar monástico. Ao final, ben puider quedar acompañándovos ata o final, porque o señor que nos viña facer un traballo na casa, ao que eu debía
acompañar este sábado, decidiu pospoñelo para o sábado seguinte.
Ben, quero compartir convosco algunhas cousas da breve e intensa convivencia destes días en Samos. Primeiro algunhas máis persoais e logo outras máis xerais. Sabedes todos que eu estiven en Samos desde o ano 1960 ata o 1979, aínda que os tres últimos anos paseinos xa bastante desvencellado da comunidade, porque estiven estudando en Deusto. Hai, logo, 55 anos que aquí en Samos empezaba unha etapa determinante da miña vida, que me configurou moito no meu modo de ser. O 18 de outubro do 1960 o meu primo Roxelio viñérame traer aquí. E, sen case querelo, fíxome herdeiro dunha longa tradición monástica, coas súas rémoras históricas e espirituais, pero tamén co seu don tan excepcional. Por circunstancias históricas (anos 60, Concilio Vaticano II e posconcilio) non soubemos, non souben eu polo menos, sacarlle proveito á situación que se vivía na sociedade e na Igrexa. Houbera sido posible outra forma de conectar coas raíces monásticas, de actualizalas e vivilas, de ofrecelas como cousa fermosa, apetecible para os homes e mulleres de hoxe.
Para min, con todo, Samos foi un gran don. O don da posibilidade de acceder ao mundo do estudo, da cultura; o don da fe, da experiencia relixiosa cristiá, aínda que a vivise tan deficitariamente; o don da comunidade cristiá, aínda que me revolvese dentro dela ás veces, soñando se cadra imposibles ás veces, e ás veces movéndome con xeitos moi infantís, improcedentes; o don da interioridade, de ser persoa espiritual, aínda que tantas veces fose e sexa ás apalpadelas, dando paus de cego no meu camiño; o don, moitas veces tan pouco valorado por cotián, de vivir e medrar nun contexto artístico, xeográfico, paisaxístico impresionante, que á forza nos fai xente dunha determinada maneira de ser, chea por dentro de preciosos ecos transcendentes; o don de moita xente que andaron no mesmo empeño en comunidade, aínda que as ideas e os camiños fosen logo distintos; o don de moitos compañeiros bos –vós sodes deles, por suposto, aínda que non sexamos todos do mesmo curso--, aos que non sempre apreciei e atendín como debera, pola miña particular e equivocada maneira de vivir a espiritualidade, as relacións humanas, que me levaba a situarme algo na distancia e mesmo por riba dos demais (Mil perdóns vos pido); o don en fin de Deus mesmo, que desde pequeno me quixo e me guiou e me acompañou para que a miña vida fose feliz, con éxito, dentro de cómo Deus a lo menos entende os éxitos.
Grazas, logo, por Samos. Polo que foi para min, e polo que foi para todos vós. Pola que hoxe é para a xente que o habita, como mosteiro e como pobo; polos soños que aquí nacen ou se fortalecen.
Perdoádeme estas confidencias persoais. Paso agora a dicirvos que me atopei moi a gusto con todos vós neses dous días pasados xuntos. Foron días de traballo duro, e ben que o sentiron os nosos corpos e os nosos ánimos. Pero aquí estamos orgullosos de nos ter atopado, de rememorar momentos e lugares significativos da nosa vida cando novos,  e de ter colaborado algo a que Samos –oxalá!—siga tendo vida, siga ofertando o moito que pode ofertar. É imposible que tanta amabilidade, tanta atención, tanto servizo, tanta humanidade por parte dos monxes quede estéril e non vaia prendendo no ánimo de xente nova que escoite a chamada monástica. Qué agradecidos lles quedamos aos monxes!

Dándolle voltas a todo isto na cabeza e no corazón, veume á memoria aquel libro titulado “Los tres monjes rebeldes”, que narraba a aventura de tres homes que deciden á acudir ao Císter, alá polo século XIII, me parece, e darlle vida á renovación monástica que se estaba iniciando. E pensei: e, se por arte de non sei qué, nós, os 10 que estivemos en Samos estes días, nos convertésemos nos “10 monxes rebeldes” decididos a contribuír a que Samos tivese máis vida?  E ocorríaseme facer xa unha distribución de cargos. Pois, mira ti, qué bo abade daba Manolo Busto: próximo, con creatividade, humanísimo, que sabe alentar, que vai sempre por diante, que é capaz de crear grupo e de facer que nos sintamos a gusto en grupo. Relede o capítulo 2 da Régoa de San Bieito e veredes que estou no certo. Abade xa temos. Celso Penedo tiña que ser por forza o padre mordomo (maiordomo), pendente das comidas, das roupas, de todos os utensilios e realidades materiais imprescindibles para que a vida funcione; o capítulo 31 da santa Régoa fala deste papel que lle atribuiríamos ao noso Celso. Manolo Coedo é o padre hospedeiro ideal. Quedei abraiado pola súa serenidade, pola súa paz, polo seu falar sereno pacificado; qué preciosidade de home. Unha persoa así é a que San Bieito poría en relación diaria coa xente de fóra que se achega ao mosteiro, relede senón o  capítulo 53 da Régoa que fala destas cousas. O home delicado da acollida, do servizo da caridade, o home das esmolas (que tan grande papel xogaron na tradición monástica durante séculos). Manuel Anxo Castro sería o encargado das iniciativas empresariais da comunidade; un mosteiro debe desenvolver actividades que garantan o seu propio sostemento, a ocupación  dos monxes, en contacto e servizo co medio social que rodee ao mosteiro. A Xosé David Fidalgo cústame colocalo; quizabes faría ben de encargado de cerimonias e liturxias, de druída da tribo, aínda que é un oficio que, pola súa particular idiosincrasia, se podería interpretar mal no ambiente monástico; pero si que podería ser o que se encargase de abrir a comunidade ao festivo, á celebración, porque un grupo de monxes non ten por qué ser un grupo de aburridos. Xulio López e Ricardo Martínez, Lito, serían os encargados de traballar pola xustiza nas relacións interiores da comunidade e nas relacións cara a fóra, de apoio a situacións do entorno nas que haxa abusos de calquera tipo. A caridade de Manolo Coedo deberíase completar necesariamente coa defensa da xustiza de Xulio e Lito, porque a mellor defensa da caridade é a xustiza. Xulio quizabes para as miudezas de cada día (salarios, xubilacións, despedimentos, seguros…), e Lito para as cousas de máis transcendencia coas que hai que chegar, se cadra, á mesmísima secretaria da Audiencia Xeral. Antonio Graña sería sobre todo o cronista da comunidade, dadas as súas habilidades no mundo das letras. É importante saberse dicir cara á fora, saber construír relatos, historias, lendas, … contarse a si mesmo, contar a vida da comunidade, en diálogo con outras voces e correntes de humanización que se acheguen ás portas do mosteiro. Elías Puga sería o encargado da enfermería, o médico enfermeiro, a quen tamén lle dedica a Santa Régoa, no capítulo 36, palabras moi comedidas e esixentes a un tempo. Un oficio moi necesario, visto o tocados que andamos case todos: Manolo Coedo cunha operación dun tumor, aínda que non maligno, na columna; Manuel Anxo con dor de vértebras que o outro día xa non aguantaba máis, Manolo Busto queixándose dun xeonllo, eu operado de cancro hai dous anos, … e os demais sabe Deus cómo, que somos moi sufridos e calados. A máis diso, coa imprescindible colaboración de Antonio Graña, sabio e experto en temas de farmacoloxía, estaría ben que reactivase a tradición farmacéutica do mosteiro, conectando coa menciña natural que tan bos resultados ofrece. E eu, Manolo Regal, non sei ónde tería un sitio. Gústanme as cousas do espírito, o mundo da oración e das celebracións relixiosas; gustaríame colaborar na iniciación de posibles candidatos á vida da comunidade. Gustaríame facer as cousas en galego, non por separarme de nada nin de ninguén, senón simplemente por sermos nós, en fidelidade á nosa matriz cultural, lingüística. Igual podería valer para encargado do noviciado, pero ese é un cargo moi delicado e teríao que pensar moito o abade Manolo Busto. Que el decida.
Está claro que quen lle ten que dar narrativa e corpo a este argumento vital é o noso cronista Antonio Graña. Xosé David Fidalgo insistirá, porque o fai sempre, en qué facemos coas mulleres. E ese si que é un problema, que pode botar por terra as pretensións dos “10 monxes rebeldes”. O abano de posibilidades é moi diverso: desde fundar unha república eclesiástica independente, na que convivan as familias baixo un mesmo teito monástico, ata, máis ordenadamente, retomar os mosteiros familiares tan abundantes en Galicia na alta idade media, ou limitarnos a que as mulleres e fillos nos visiten en certas datas do ano, ou a que simplemente veñamos con elas de cando en vez, como xa o estamos facendo, para reforzar os nosos soños, ou, máis simplemente aínda, limitarnos sen máis a visitar o mosteiro e os seus monxes, aportando algo de valoración e afecto e, se se terza, colaborando con algún traballo necesario. En fin, o preciosismo narrativo de Antonio Graña é o que deberá buscarlle unha saída oportuna a este argumento que, canto máis vai, máis se complica.
E máis nada. Foi un pracer convivir estes dous días. Para min foi un pequeno reto, do que volvín satisfeito, vencedor. Espero que poidamos repetilo. E, mentres, que sexamos felices desempeñando a tarefa na que pouco a pouco fomos comprometendo as nosas vidas. Unha aperta para todos. Aquí estamos na parroquia de Candia, concello de Abadín, ao pé da A-8, alí onde a autoestrada se encabuxa ás veces tanto que non quere que lle toquen nin que pasen por ela. Aquí tedes casa, comida e leito.

                                                                                                            Manuel Regal Ledo

1 comentario:

Lito dijo...

He leído con atención el gratificante, erudito y, a la par, cariñoso texto de Manolo Regal. La grandeza del idioma que utiliza, nuestro idioma, es un "brote arraigado" de aquel más universal que sirvió para configurar las bases de una cultura que parte de ese árbol frondoso que llamamos latín. Me gustaría hacerlo en el idioma de Virgilio y Cicerón. Casi estuvimos a punto de hacerlo, en su tiempo. Pero, lo siento, los idiomas, como la mente, hay que ejercitarlos, y yo, me temo, que no los ejercito adecuadamente.
Lanza una idea atrevida que se me antoja pareja a la que en su día lanzó y ejecutó Bernardo de Claraval (qué casualidad, en la vida monacal, Manuel Regal se llamaba P. Bernardo),.
Tuve la suerte de conocer y visitar la Abadía de Fontenay, fundada por Bernardo. Es una abadía preciosa, en la parte que se conserva, y con un tratamiento en sus jardines, especialmente su césped, que me dejó cautivado.
Pero volviendo a la "idea" de Manolo Regal no está tan lejos de ahondar en los motivos que condujeron a Bernardo a "recomponer" una vida monástica que hacía aguas por todas partes, y que tenía su expresión en la abadía de Cluny, contra la que Bernardo utilizó sus más acérrimas críticas, contenidas en una frase que copio:

" La iglesia relumbra por todas partes, pero los pobres tienen hambre. Los muros de la iglesia están cubiertos de oro, pero los hijos de la iglesia siguen desnudos. Por Dios, ya que no os avergonzáis de tantas estupideces, lamentad al menos tantos gastos".



Y que es parte del escrito de la APOLOGIA A GUILLERMO

No sé. Me acechan las dudas. Pero sí es cierto que el monacato tiene un grave problema de "adecuación a una realidad", y que es extensible al conjunto de la IGLESIA. . Atravesamos momentos de confusión, y nos escudamos en lamentaciones. Pero, al menos, y desde aquí,somos conscientes de que EXISTE UN GRAVE PROBLEMA. Ahora falta analizar cuáles son las posibles soluciones en el actual contexto y, después, ejecutar las decisiones que se adopten.
EL ORA ET LABORA que ejercimos en estas jornadas, no es descabellado que lo completemos con unas reflexiones, en las próximas jornadas, que nos sirvan para satisfacer, cuando menos, esas inquietudes que se traslucen en el cariñoso "saluda" que nos ofrece MANUEL REGAL, al que, desde aquí, y antes de partir hacia EFESO (visitaré la casa de la Virgen), HALICARNASO, MILETO Y CAPADOCIA, deseo lo mejor, de igual manera que para todos los demás también dedico los mismos deseos de felicidad, paz, y amistad
Un abrazo
LITO