31.12.15

III XORNADAS VOLUNTARIADO NO MOSTEIRO DE SAMOS

VÍDEO
 Por diferentes motivos esta crónica retrasouse máis do desexable, se ben é certo que xa contaramos neste blog coas entrañables confidencias e  reflexións de Manuel Regal Ledo nas horas inmediatas á finalización das III Xornadas de Voluntariado.
Os días 27 e 28 de agosto alí nos reunimos sete exsamonenses e tres amigos que nos honran a nós, ao mosteiro de Samos e á comunidade benedictina coa súa entrega e afecto. Antonio Graña, Elías Puga, Julio López Regueiro, Manuel Regal, Ricardo Martínez, Celso Penedo, José David Fidalgo, Manuel Coedo, Manuel Ángel Castro e Manuel Busto. Unha forza de dez cumpridamente uniformada por Celso Penedo, un dez en convivencia, un dez en traballo (duro e esixente), un dez en boa camaradería, un dez en entrega e desprendemento; en resumo, Matrícula de Honra en Amizade e Satisfacción polo traballo ben feito.
Dúas tarfeas ocuparon o noso quefacer, que tivo que prolongarse coa xornada do día 29. Nesta ocasión a comunidade pediunos adecentar as paredes e teitos do dormitorio do Colexio Claustral e o coidado do xardín do Claustro de Feijoo. O dormitorio presentaba moitas fendas nos paramentos e para iso houbo que abrir a base de espátula as múltiples gretas e logo a tarefa ardua de enxesar e emplastecer. Outros dedicáronse encintar marcos e rodapés e a dar uha imprimación de fixador na vella pintura. Na segunda xornada conseguimos completar a tarefa de enxesado e comezar coa primeira capa de pintura. Ata a mañá da terceira xornada non se completou a primeira man de pintado. Logo viría  a tarefa de limpeza e recollida de materiais. A segunda man de pintura quedará para o seguinte ano. Un dormitorio de case 300 metros cadrados e teitos moi altos, unha tarefa que nos desbordou. O xardín é sempre a ocupación que acomete con moita paixón e sapiencia Ricardo Martínez. Cortado de céspede, recortado de setos, limpeza de alcorques, limpeza dos camiños...
Aí quedan tres días  nos que de novo saboreamos a convivencia e o reencontro en Samos, tres días para afondar na amizade e o mutuo coñecemento, tres días para lembrar con cariño.
Grazas a todos pola vosa entrega, polo voso esforzo, pola vosa amizade. E Grazas aos monxes de Samos polo agarimo con que sempre nos reciben e acollen.
Creo que a algúns aínda lles quedan folgos para repetir a experiencia.

1 comentario:

Lito dijo...

El ser humano se distingue del resto de seres vivos en el desarrollo de una serie de facultades que le permiten enriquecer no sólo su propio "ego" sino también el de sus congéneres. Y una de esas facultades es el haber desarrollado unos sistemas de comunicación (el lenguaje, la escritura, la creatividad...) que permite el contacto a distancia sin menoscabar la posición del que recibe esa comunicación.
Cuando entro en el blog y veo o leo alguna nueva noticia, estoy asistiendo, gratis, a información y a mensajes que alguien se ha molestado en redactar para mí.
Lo menos que puedo hacer por esos seres que tan amablemente me sirven estos "manjares" es darle LAS GRACIAS (con mayúscula)
Muchas gracias, querido MANOLO, aunque también veo la "mano" de Celso que, soltando la brocha, habrá querido inmortalizar tan excelentes momentos. TAMBIÉN GRACIAS.
Y GRACIAS a todos los demás que han tenido la paciencia de leer este comentario y la "entrada" que dio pie al mismo.
UN ABRAZO