25.5.16

VIII XUNTANZA EN SAMOS

O pasado 21 de maio acudiamos ao Mosteiro de Samos vinte e cinco compañeiros e dous achegados. Varias ausencias involuntarias por diversas razóns. Eis un resumo apresurado da VIII Xuntanza de exalumnos do Colexio Benedictino de Samos. 
As sensacións repítense como en anteriores edicións: a alegría do reencontro, a satisfacción de volver pisar estes seculares claustros da nenez, a evidencia do paso dos anos...
O agradecemento é para todos os que acudimos á reunión. Pero é de xustiza destacar a aqueles que viñeron desde puntos moi distantes: Ibiza, Valencia, San Sebastián, Madrid, León, Xixón, Avilés, Vigo, A Coruña, Valdeorras, etc.
Volver a Samos logo de tantos anos ha de entenderse desde o afecto aos compañeiros e aos monxes e á devoción e recordos que en nós aínda suscita o Mosteiro.
Recordamos aquí a aqueles compañeiros que quixeron estar e que por diferentes causas non puideron asistir: Ricardo Martínez (un dos organizadores), hospitalizado; José Barros, de viaxe en México. Grazas aos dous por agasallarnos co exquisito viño Pagos del Galir, que acompañou o menú do restaurante A Veiga. Cándido Nóvoa, que tivo unha cerimonia familiar; Fidel Torreiro por idéntico motivo; Ricardo Diéguez porque ese día acudía a súa filla desde Madrid ao domicilio familiar de Ponferrada; José David Fidalgo, por unha actividade concertada con antelación na Casa de Galicia en Bilbao; Manuel Regal, que desde hai meses tiña comprometida esa data nunhas conferencias; Ramiro Varela, que tivo que atender a cargos da Consellería de visita en Agolada na súa condición de alcalde; Javier Busto, por causas de saúde, Aurelio Bolaño, aínda en período postoperatorio; Antonio Paz Casas, que por motivos laborais tivo que desprazarse a Lanzarote en vísperas da Xuntanza, etc. Para todos eles e outros que non puideron  estar connosco, o noso afecto e lembranza. 

Nesta ocasión quixemos ter o encontro na Sala de Estudo do Colexio, mais ou menos recuperada coa fisionomía de antano, porque intuïamos que quizais este espazo teña un significado máis acentuado para calquera de nós.
Houbo alocucións do P. Agustín e do P. Prior, José Luis Vélez, por parte da Comunidade e de Manuel Busto por parte dos exalumnos.
O P. Prior expuxo a situación da Comunidade, dos  proxectos de futuro (restauracións de retablos, fábrica de Viladetrés, etc.), da visita dos alumnos e monxes de Mayagüez (Porto Rico)...
Manuel Busto saudou á Comunidade e aos exalumnos, expuxo a idea de recuperar o Colexio e conseguir musealizalo; presentou aos asistentes as Xornadas de Voluntariado, que xa van na cuarta edición e que se celebran a finais de agosto. Invitou a todos os participantes a que participasen. E no coloquio final decidiuse que nas vindeiras Xuntanzas quen así o queira acuda coa súa muller ou con outras persoas achegadas.
Tamén se falou da posibilidade de organizar este verán un xantar cos P. Bautista e o P. Modesto, que se comunicará para que poidan asistir todos os exalumnos interesados.
 Colocación da pancarta conmemorativa da VIII Xuntanza na Sala de Estudo.
 Asistencia á misa. Gerardo Vega ao órgano. O retablo maior, en proceso de restauración.

 Visita e oración na cripta.

 O P. Prior e o P. Domingo desenvolven un agasallo fotográfico que os exalumnos entregan ao Mosteiro.



 Visita no Museo a unha exposición sobre a historia do monacato.

 Olería de Samos (Lourido, Vilaceite...)
 Refección no restaurante A Veiga (todo un clásico).

 Visita á fabrica de Viladetrés.
A inactividade e a exuberante vexetación van apoderándose da granxa de Viladetrés.

1 comentario:

Lito dijo...

NO he estado, pero como si estuviera. MI especial afecto a los que habeis estado, pero tambien para los que queriendo estar, no han podido estar por diferentes razones , y a los que no estando, ni queriendo estar, también forma parte de este grupo
Mi agradecimiento especial a MANOLO Y CELSO que han cubierto perfectamente mi ausencia involuntaria y todos los demas que estais contribuyendo con especial dedicación a que estas XUNTANZAS pervivan, pese a los nubarrones que se ciernen sobre el futuro de una Comunidad que se extingue.
Habeis recordado momentos, rincones, anécdotas, gestos, olores, y habeis sentido la sensación de que todo volvía a su origen, como si un nuevo maitines, laudes, prima se deslizasen en vuestra memoria para cerrar la jornada con COMPLETAS. Y volver a empezar. Es la propia vida. Todo sigue, y nosotros también seguiremos y nos ilusionaremos una vez más con el recuerdo de nuestra propia existencia, y así hasta el final.
Un abrazo
RICARDO MARTINEZ BARROS