23.12.16

UN NENO NACEU NA ALDEA


Naceu un neno na aldea,
ai, que contento!,
é unha festa ver nacer
nenas e nenos.

É labrega a súa nai,
dinlle María,
fiel a Deus e fiel á xente,
día tras día.

Labrego é o seu pai,
dinlle Xosé,
honrado cal non hai outro,
home de fe.

E cando naceu o neno,
naceu a luz,
naceu a paz, a alegría,
naceu Xesús.

Pois tal nome lle puxeran
os seus papás,
contaxiando cos seus soños
a aquel rapaz.


Soños de vida e futuro
en toda a aldea,
honor para a veciñanza,
xente pequena.

E fixeron moita festa,
canta alegría!
Un neno máis na parroquia,
Deus bendicía.

O Deus grande e poderoso,
aquí agochado
entre as lindezas miúdas
duns namorados.
Deus gusta de camiñar
ao pé da xente,
botando nos corazóns
boa semente.


Para que a terra e o pobo
así produzan
pan e esperanzas arreo
e o pobre luza.

E cantaron e bailaron
todo aquel día,
e comeron e beberon
con regalía.

Non era, non, para menos
o sucedido,
nacera un neno no pobo
do Deus bendito.

Un neno que había ser,
pasado o tempo,
home curtido e fiel,
do pobo alento.

Amoroso cos máis débiles,
duro cos fortes,
amosando os dons de Deus,
a mellor sorte.

Ai, se na aldea nacesen
nenas e nenos,
para soster a esperanza
que vai a menos!

Ai, se as casas se enchesen
da vida nova,
que ao abrigo de Deus
nace e xermola!
Deséxovos a todos os amigos de Samos uns días serenos, felices, acolledores, santos. Mándovos estes versiños sobre o Nadal como felicitación para estas datas tan significadas. Apertas.

Manuel Regal Ledo


1 comentario:

Lito dijo...

“…E cuando naceu o neno, naceu a luz, naceu a paz, a alegria, naceu Xesús”

Preciosos versos que me trasladan a unos tiempos en los que las imágenes se convierten en deseos de luz, paz y alegría. Ëramos niños, querido Manolo, que saltábamos de alegría en estas fechas, y también nos ilusionábamos en un mundo de esperanza y de paz.

Algo habrá quedado para que, casi 60 años después, sigamos ilusionados y esperanzados para que todo vaya mejor y nazca nuevamente esa alegría e ilusión, sin la que ahora mismo yo no hubiese sido capaz de elaborar este saludo que no es más que un SALUDO DE LUZ, PAZ Y ALEGRIA para todos vosotros, y especialmente para ti. FELIZ NAVIDAD

R MARTINEZ BARROS