3.8.17

PRESENTACIÓN DE LIBRO DO COMPAÑEIRO MANUEL REGAL LEDO

Benqueridas amigas e amigos,

Con humilde alegría, quero comunicarvos que, coa colaboración dos veciños/as de Pesqueiras (Chantada) e da Deputación de Lugo, acabo de publicar un libro titulado

Da memoria á esperanza
PESQUEIRAS
Datos históricos e visita acompañada

Ímolo presentar en dúas sentadas. Unha primeira o día 13 de agosto, domingo, ás 6 da tarde, na igrexa románica de Pesqueiras, inserida no corazón da Ribeira Sacra. Ese día a “Asociación de Amig@s do Románico de Chantada” faime unha sinxela homenaxe, por ser eu un dos primeiros autores que contribuíu a ofrecer unha visión de conxunto do románico en Galicia, coa miña participación, xunto con Manuel Chamoso Lamas e o P. Victoriano González, na obra  Galice Romane (en fráncés, ano 1973), GALICIA (en castelán, 1979), dentro da colección “La España Románica”. Para corresponder con esa homenaxe, xa anunciada desde hai dous anos, durante este tempo estiven preparando o libro que nesta data presentamos.
Se vos apetece vir, poderiamos xuntarnos para comer algo, visitar algo a parroquia e a contorna, e logo asistir ao acto. Nese caso é imprescindible avisar antes por teléfono para poder organizar as cousas. O meu teléfono é o seguinte: 669607675. Tamén podedes comunicalo por email: manuelregalledo@gmail.com.
A segunda sentada de presentación será o venres, día 18 de agosto, ás 20,30 da tarde no Auditorio Municipal de Chantada. Tamén nese caso, se queredes, poderiamos vernos antes pola tarde para lle botar unha ollada á vila de Chantada e ao seu entorno ribeirán. Avisade tamén, se así o queredes, polos mesmos medios.
Graciñas, en todo caso, pola vosa atención. E alegrádevos comigo. Estou bastante contento polo traballo feito. Apertas.

2 comentarios:

Lito dijo...

Ayer conocí al alcalde de Chantada en Coruña, que asistía en Riazor al encuentro CASTILLA-REAL MADRID/ DEPORTIVO. YO había sido invitado, como todos los años, al Trofeo MANUEL MARTIN, un gran abogado, un gran profesor y un gran amigo mio, y que, desde hace 34 años organiza este Trofeo de futbol para una buena causa (recaudacion de dinero para becas de estudiantes sin medios económicos)
Le comenté que me gustaría estar en esa fecha para asistir a la presentacion del libro, que era en su Concello, y hablamos de tí, Manolo. Desgraciadamente no puedo estar. MI maldita agenda se hace con dos o tres meses de antelacion, para estas fechas. Y eso me impide, muchas veces, asistir a actos, como éste, en el que para mí sería mas satisfactorio que los otros eventos a los que tengo comprometida mi presencia.
Un abrazo
RICARDO MARTINEZ BARROS

Manuel Regal Ledo dijo...

Grazas de todos modos, Lito. A vida é así. Claro que me gustaría verte por alí, pero outra vez será. Alégrame verte tan activo, tan traballador, tan participativo sempre. Unha aperta chea de agarimo. M. Regal.