22.12.17

FELIZ NADAL! FELIZ NADAL?

Porque temos auga, sol e vento, terra, ceo e mar,
feliz Nadal.
Porque estamos envoltos no celofán da vida,
feliz Nadal.
Porque non cansamos de ser amadas e de que alguén nos ame,
feliz Nadal.
Porque ás veces tamén nós gozamos moito amando,
feliz Nadal.
Porque hai millóns de marabillas reais na onda de Belén,
feliz Nadal. 
Porque nos treme o corazón ante a inxustiza e a violencia,
feliz Nadal.
Porque suspiramos por termos casa e corazón abertos,
feliz Nadal.
Porque somos boa xente, a pesar de todo,
feliz Nadal.
Porque Galicia segue sendo preciosa nas súas terras e nos seus mares,
feliz Nadal.
Porque o mundo enteiro chama por nós con ansias solidarias,
feliz Nadal.
Porque estamos dispostos a facer causa común contra todo abuso,
feliz Nadal.
Porque somos amigos e compartimos moitas cousas fermosas,
feliz Nadal
Porque Deus segue e non cansa e nos abre sempre as portas da casa,
feliz Nadal.
E por moitas cousas máis, que ben sabemos,
feliz Nadal.
                                                                              MANUEL REGAL LEDO

2 comentarios:

Unknown dijo...

Moitas grazas por as tuas aportacions, sempre tan fermosas e interesantes. Feliz Nadal.

Lito dijo...

Desde EL FIN DEL MUNDO quiero felicitar a los MANOLOS. Y tambien expresar mi satisfaccion por la hermosa entrada que ha hecho Manolo Regal. Llego tarde, pero llego a tiempo para estar con todos vosotros. Y porque un año es un espacio de tiempo suficiente para lograr lo que anhelamos